Alt

Presentación de LUGOPOÉTICA 2025

Lugopoética 2025 vaise celebrar no segundo semestre de 2025 co apoio da  Uned-Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria.

Serán 6 encontros de “parellas poéticas”, e o desenvolvemento será como o da edición de 2024: Os encontros faranse cara ao público na sede lucense da UNED, serán gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por Internet.

Intervirán 13 participantes:

  • 2 parellas de creadores:
    • CLAUDIO RODRÍGUEZ FER – CARMEN BLANCO
    • XESÚS RÁBADE PAREDES – HELENA VILLAR JANEIRO
  • 1 parella de irmáns:
    • XOAN NEIRA – XOSÉ CARLOS ULLOA
  • 2 cregos poetas:
    • MANUEL REGAL – XOSÉ ANTÓN MIGUÉLEZ
  • 2 poetas labregos:
    • ANA VILA PORTOMEÑE – PACO LEDO
  • Dúas (mais un) alumnas da UNED:
    • LUCÍA LÓPEZ CANCIO – MAR FERREIRO ROZAS – GUSTAVO DÍAZ REY

Serán sesións públicas de arredor dunha hora de duración, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo.

Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección de obras dos poetas participantes.

LUGOPOÉTICA naceu en 2024 con vocación de continuidade, e esta segunda edición pretende continuar con estes encontros que reflicten a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.