05 Xoán Neira / Toño Núñez

27 de Novembro de 2025

Xoán Neira. Meilán (Lugo), 1953

Mestre xubilado, reside en Viveiro dende 1982. Premiado nos certames de poesía: Meigas e Trasgos de Sarria, Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona... e en  xornalismo: Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal (tamén en tres ocasións). Autor dos poemarios: Memoria e soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas, Linguaxes e Outras linguaxes  En poesía infantil publicou Recreos , Xiz de cor, Farrapos de nube, No cubil da lúa, Un niño no xardín, Chafarís, Gaiola aberta, Calendario poético e Máxica lúa.

Toño Núñez. Freixís (Navia de Suarna), 1959

Mestre xubilado, compaxina a escrita co activismo cultural. Gran defensor da súa terra, Navia de Suarna, e dos Ancares. Home comprometido coa defensa da nosa lingua, das nosas tradicións e da nosa cultura en xeral. Ten publicado máis dunha ducia de libros para nenos e nenas e para público adulto. Ten participado, a maiores, en máis de medio centro de publicacións colectivas de narrativa e de poesía. Dende o ano 2019, é o coordinador de Xistral, a Revista Lucense de Creación Poética que edita a Área de Cultura do Concello de Lugo. Integrante do dúo poético-musical ConVersoS.