13 de Novembro de 2025
Manuel Regal Ledo. Chantada, 1947
Licenciado en teoloxía bíblica en Deusto. Monxe en Samos (12 anos), párroco por Abadín (18 anos), Educador-terapeuta de drogodependentes en Proxecto Home. Actualmente casado, volve exercer actividades como cura con algunhas limitacións e é Delegado de Pastoral Rural na diocese de Mondoñedo-Ferrol. Admirador e seguidor de Xesús de Nazaré, séntese debedor comprometido do rural galego, e ao redor destas dúas realidades ten escrito unha ducia de libros, nos que aparece a maioría do seu labor poético.
Xosé Antón Miguélez Díaz. Lugo, 1946
De familia chantadina, é crego na bisbarra de Lourenzá, na Mariña lucense e en parroquias de Abadín. A súa poesía foise centrando no eido relixioso cristiá. As primeiras mostras publicounas Grial (1970) e logo na Escolma de poesía galega de Xosé Lois García (Sotelo Blanco. 1984). Apareceron logo medio cento de himnos litúrxicos no Diurnal da Liturxa das Horas en galego (1999). En 2007 algúns poemas na escolma “Os ríos pasan cheos de Deus" (Toxos Outos), de Victorino Pérez Prieto. No 2000, o libro sobre a fe cristiá co poema "Profecía dun capitán Trono" (Sept, Vigo), e en 2020 na mesma editora "Oda a Xesús Cristo. Credo e Camiño”.