11 de Decembro de 2025
Helena Villar Janeiro. Becerreá, 1940
Foi profesora de Ensino Primario e Secundario (Lingua e Literatura), exercendo tamén de poeta, narradora, ensaísta, articulista, conferenciante e traductora. Formou parte do colectivo de renovación poética Cravo Fondo (1977), presidiu a Fundación Rosalía de Castro e foi membro do Consello da Cultura Galega. Ten no seu haber premios nos distintos xéneros e é colaboradora habitual de revistas de poesía. Na actualidade, conxunta nas redes imaxes propias e pequenas pezas literarias.
Xesús Rábade Paredes. Seixas, Cospeito, 1949
Cultiva a poesía desde novo, xénero que acabará complementando coa narrativa, o ensaio e a tradución, maiormente literaria. Como conferenciante e traballador puntual en normalización, adicou moito tempo á defensa da lingua do país, onte e hoxe en precario. En A luz co tempo dentro (Galaxia, 2023), atopará o lector un a modo de reflexión memorialística sobre a súa traxectoria vital, profesional e creativa.