Alt

06 Miguel Ángel Martínez Quintanar / Abraham Pérez

18 de Decembro de 2025

Miguel Ángel Martínez Quintanar. Santiago, 1968 

Realizou estudos de Filosofía, licenciándose en 1991 e doutorándose en 2007, na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1997 é profesor de ensino secundario e catedrático de ensino secundario desde 2022. Na actualidade tamén é profesor asociado na Universidade de Santiago de Compostela, e membro do Comité de Ética Asistencial do Hospital Universitario Lucus Augusti. Colabora con artigos de temática filosófica en diversas publicacións.

Abraham Pérez. Lugo, 1990

É licenciado e mestre en Filosofía pola USC, e formouse tamén como guionista. Autor de narrativa, ensaio, diario e poesía, publicou obras como “A vida a arder”, “Gaivotas manchadas de petróleo”, “O paso en falso”, “Sacho de seda” e varios libros de poemas premiados, entre eles “Unha teoría para os espectros” e “Fragmento/Creba”. Obtivo recoñecementos como o Accésit do Certame Francisco Añón, foi residente artístico en Mariñán e na Illa de San Simón, e gañou o VIII Certame de Poesía Torre de Caldaloba con “Chernóbil revival”. Parte da súa obra está traducida a varias linguas. Realizou intervencións artísticas que combinan filosofía, literatura e arte conceptual, colaborou con diferentes medios e revistas culturais, participa en antoloxías e forma parte do grupo poético Lupercais. 

    VÍDEO

 

FOTOS