Alt

01 Mar Ferreiro Rozas / Lucía López Cancio / Gustavo Díaz Rey

9 de Outubro de 2025

Mar Ferreiro Rozas

Nada na cidade de Lugo o día de Nadal de1973, e oriunda de San Adriano (Lourenzá). Xurista de profesión, cunha larga traxectoria como Xuíza e Avogada. No 2023, publicou o seu primeiro libro de poesía, en castelán, que leva por título “Llegarás (entretanto es tiempo de vivir y/o malvivir)”, 

Lucía López Cancio

Graduada en educación social e no máster de profesorado pola Uned, especialidade de Intervención Sociocomunitaria, exerceu como profesora de F.P. e educadora social. Actualmente, estudaTraballo Social na Uned, á vez que exerce como educadora, manténdose en contacto coas persoas (nenos, adolescentes, 3ª idade...) das que aprende e se sinte inspirada para crear poemas a través dunha ollada máis fonda da realidade. 

Gustavo Enrique Díaz Rey

Graduado en Dereito pola UNED, actualmente está finalizando o Máster de Acceso á Avogacía. Como poeta, escribe de maneira espontánea e persoal como unha forma de gardar na memoria e na retina imaxes que lle impactan. Baséase na observación do entorno dunha pequena aldea de Láncara, lugar natal da súa muller. 

FOTOGRAFÍAS

 

VÍDEO