30 de Outubro de 2025
Ana Vila Portomeñe. Taboada, 1969
Gandeira con explotación propia; poeta. Presidenta-fundadora da Asociación de Mulleres Rurais Landra (Taboada) e Creadora do evento cultural “Ruralsía”. Escritora en libros, revistas e Internet. Gañadora do Certame Cartas de amor, Vila de Quiroga (Categoria senior). Membro de Recolectoras Memoria e Terra. Autopublicou “Algo de mí con mucho de ti”, “Latexos dunha labrega”, “Pintasías”, “Sentidos nunha aldea” e “A.M.A en esencia”, con dúas amigas
Francisco Ledo López (Paco Ledo). Mariz-Chantada, 1952
Gandeiro e poeta en lingua galega. En 1977 publicou o seu primeiro poemario, "Poesía dun labrego", primeiro libro publicado pola Editorial Alvarellos. Desde entón, en poesía, ten publicado “Bricnas”, “Nos cumes do cántico” e “Nas portelas de memor0ça”; en ensaio, “No medio da treboada e “A carón da lareira”; e, en dixital “Haikus galegos”. Ten participado nunha ducia de libros colectivos.