Alt

01 Diana Varela Puñal / Chelo Gayoso Díaz

19 de Febreiro de 2026

Diana Varela Puñal Corme, 1981

Nacida en Corme, trasladouse ós catorce anos á Coruña. Algúns dos seus poemas viron á luz na revista Xistral de Lugo, no Anuario Brigantino, Ferrol Xurídico, no xornal El Correo Gallego…  Colaborou no diario Galicia Hoxe coa súa sección semanal “Cartas boca arriba” e asina a páxina cultural “O Dereito e as Humanidades” na revista Fonte Limpa, publicada polo Colexio de Avogados da Coruña, ó cal pertence. Actualmente é a secretaria xeral da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega e forma parte da equipa de Medulia Editorial. Conta con diversos premios e publicacións desde o ano 2006.

Chelo Gayoso Díaz S. Xoán de Loio (Paradela)

Con cinco anos tivo que abandonar o seu pobo por mor da construción do encoro de Belesar. Foi un acontecemento que marcou moito a súa vida. Alí fican as súas raíces asolagadas polos ríos Miño e Loio. Actualmente reside en Sanmartiño de Guillar (Outeiro de Rei) Lugo. Publicou dous libros de poesía, “Camino de estrellas” e “O laio das Pedras”, e acaba de saír á luz “ La Voz del Silencio”. Colaborou na revista da Irmandade da Sta. Marta de León. Participou en publicacións colectivas como “Mesturas”, “Manuel María”, ”Xistral” e en varias publicacións hispano-portuguesas.

VÍDEO

 

FOTOGRAFÍAS