23 de Abril de 2026
Xosé Lois García Lugo, 1945
Desenvolveu diversas tarefas na divulgación da cultura galega en Cataluña. É autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Tamén é crítico de arte e literatura, conferenciante e articulista en diversas publicacións de Galicia, España e Portugal. Especialista na literatura de expresión portuguesa en África, e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra está composta por máis de cincuenta libros publicados en galego, portugués e catalán.
Ramón Rodríguez Porto Chantada, 1963
Escritor e xornalista , traballou na banca comercial e na Adega Terras Bendaña. Traballou para RNE, Radio Noroeste, Radio Faro-Cadena Ser e GaliciaDigital. En televisión colaborou na comarcal Televinte. Colaborou desde a mocidade en El Progreso como correspondente. Colabora coa revista poética Xistral. Cofundador e directivo do colectivo Poetas da Ribeira Sacra, foi fundador e directivo da Asociación Cultural e Gastronómica Luso-Galaica e membro da Fundación Amigos de Galicia. É coordenador do premio Moncho do Pío e do certame poético Xohán de Requeixo. É cofundador e actor do Centro Teatral Faro-Miño de Chantada.