Alt

02 Carmen Blanco / Claudio Rodríguez Fer

16 de outubro de 2025

Claudio Rodríguez Fer

Reuniu a súa poesía erótica e civil en Amores e clamores e a poesía visual en Cinepoemas e Corpoética. Está traducido a numerosos idiomas e o seu poema “A cabeleira” publicouse en máis de 80 linguas. É autor dun cento de obras narrativas, teatrais e ensaísticas e recibiu diversos recoñecementos en Europa e América. Dirixe a Cátedra Valente da USC e deu clase en Nova York, Bretaña e París, lugares aos que dedicou poemarios, como antes dedicara Lugo blues á súa cidade natal. 

Carmen Blanco García

Publicou poesía, narrativa e ensaio rompendo os límites dos xéneros. Deu mostras poéticas nas obras Estraña estranxeira, Un mundo de mulleres ou Lobo amor e narrativas en Vermella con lobos ou Atracción total. É editora de obras de poesía e autora de ensaio, tradución ou ilustración de poesía. A súa creación inspírase no amor, na liberdade e na loita humana contra a opresión. É autora de Alba de mulleres ou “Lugo, atracción total”. 

FOTOS

 

VÍDEO