Alt

05 Eduardo Carreira López / Ánxela Gracián

28 de Maio de 2026

Eduardo Carreira López Castroverde

Artista multidisciplinar, tén ás súas costas varias exposicións de cadros, tanto óleos como acrílicos, en diferentes lugares de Galicia e do resto de España (Madrid, Portomarín, Ourense, Lugo,etc.). É membro do grupo creativo Os Nabos de Gracián, e colaborador do grupo cultural Nós. Tamén conta con varias ilustracións de libros xa publicados (“Minia, amor doe”, de Estévez;  “O pracer da chuvia”, de Manuel Vázquez, “A través da miña pel”, de Sonia Melón...).

Ánxela Gracián Castroverde, 1968

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, traballa dende hai trinta anos no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia, onde revisa e traduce ao galego ou castelán todo tipo de textos. Esa experiencia deu paso a unha paixón persoal que cultiva dende hai moitos anos: a tradución literaria, dando voz en galego a autoras e autores como Marguerite Yourcenar, Jules Verne, Hugo Pratt, Mona Chollet, Joao Manuel Ribeiro ou Fernando Casaca, e vertendo do galego a outras linguas a autores como An Alfaya, Xesús Manuel Marcos ou Concha Blanco. Tamén escribe libros, moitos deles para nenos e mozos, e outros para adultos.