11 de Xuño de 2026
Ana Mar Fraga Rábade Cospeito
Nada na Terra Chá, na actualidade vive en Lugo. É licenciada en Filosofía e Historia, escritora, historiadora e investigadora da cultura celta, entre outras. Traballa para Fundación Ángel Argivot en Barcelona, como Investigadora das culturas antigas. Impartiu conferencias en Barcelona como parte do seu traballo. Colabora con Xistral, revista de creación poética de Lugo, fundada polo escritor Chairego Manuel María. Defínese como “Unha muller sinxela e con un amor profundo a terra e aos seus. No traballo entregada a súa investigación das culturas antigas”.
Montse González Álvarez, "Magadán" Lugo, 1972
Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa pola USC, traballa como normalizadora lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Defínese a si mesma do seguinte xeito: “Son unha militante soñadora de mundos fantásticos onde conflúen personaxes da realidade máis próxima e do universo onírico. Desfruto das conversacións sabias, tolerantes e profundas por enriquecer o meu minifundio interno de ideas. O sosego procúroo na calidez do fogar construído de recordos e vivencias do día a día, onde o arrecendo a café e a brisa mariñá me envolven e inspiran para crear, vivir, ser e estar neste lugar chamado Mundo”.