QUE É

LUGOPOÉTICA 2026

Lugopoética 2026 vaise celebrar no primeiro semestre de 2026 co apoio da UNED Lugo e a Xunta de Galicia, e a coordinación de Egeria e Brandán Comunicación.

Serán 6 encontros de “parellas poéticas”, e o desenvolvemento será como o das anteriores ediciones (2024 e 2025): Os encontros faranse cara ao público na sede lucense da UNED, serán gravados e transmitidos pola UNED pola súa rede de comunicación, e difundidos por Internet.

Serán sesións públicas de máis de unha hora de duración, coordinadas por Xosé Carlos Ulloa, cada unha cun “contraste” entre creadores, selección do máis destacado da obra de cada poeta, lectura desas obras e xuízo mutuo.

Resultado destes encontros será unha publicación dixital e física: Libro de poesía en galego, con selección de obras dos poetas participantes.

LUGOPOÉTICA naceu en 2024 con vocación de continuidade, e esta terceira edición pretende continuar con estes encontros que reflicten a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.

Este ano contaremos coa participación de Diana Varela Puñal, Chelo Gayoso Díaz, Alicia Fernández Díaz, Elena Pérez López, Xosé Lois García, Ramón Rodríguez Porto, Martiño Maseda Lozano, Beatriz López Dourado, Eduardo Carreira López, Ánxela Gracián, Ana Mar Fraga Rábade e Montse González Álvarez.

 

Axenda

O Calendario

19 Febreiro 2026 - 18:30 horas

Diana Varela Puñal
Chelo Gayoso Díaz

18 Marzo 2026 - 18:30 horas

Alicia Fernández Díaz
Elena Pérez López

23 Abril 2026 - 18:30 horas

Xosé Lois García
Ramón Rodríguez Porto

14 Maio 2026 - 18:30 horas

Martiño Maseda Lozano
Beatriz López Dourado

28 Maio 2026 - 18:30 horas

Eduardo Carreira López
Ánxela Gracián

11 Xuño 2026 - 18:30 horas

Ana Mar Fraga Rábade
Montse González Álvarez

Descobre

13 Poetas

Coñece aos doce participantes nas seis sesións de Lugopoética 2026, e ao coordinador destes eventos.


Falamos?

Formulario de Contacto

+34 676 456 461
 

Río Navia, 45 - 1º - Lugo

correo@brandancomunicacion.com